3C3 Editores comprácese en convidalo/a á presentación do libro
Os animais domésticos na Historia de Galicia
Edición coordinada por Diego Conde Gómez e José M. Vázquez Varela
No acto intervirán os propios coordinadores da edición e X. Amancio Liñares Giraut, director editorial de 3C3.
LUGAR: Librería COUCEIRO (Praza de Cervantes, 6. SANTIAGO).
DÍA: Mércores, 17 de decembro, ás 8 da tarde.
CONTIDO (Descrición da obra):
‑Diego CONDE GÓMEZ / José M. VÁZQUEZ VARELA (coords.), Os animais domésticos na historia de Galicia. Colección NÓS‑OUTROS / Ensaio.
Galicia tense caracterizado tradicionalmente pola importancia que os animais tiveron e teñen na cultura e na forma de vida dos seus habitantes. Neste volume colectivo, da man de 7 prestixiosos especialistas e profesionais na materia, descubrimos cuestións moi variadas referentes a ese universo faunístico, desde os inicios da súa domesticación ata a importancia que tiveron en diferentes períodos históricos, pasando polo mundo da relixiosidade popular e dos santos curadores, os tipos de enfermidades que poden afectarlles, a importancia da caza en determinados momentos históricos ou a evolución da ciencia veterinaria e o papel dos albeites nunha sociedade historicamente rural, labrega e gandeira.
tresCtres Editores Rúa Xosé Villar Granjel, 35, 1.ª planta
15890 Polígono de Boisaca (Santiago de Compostela).
tresctres.com
Decembro, 2008.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario