lunes, 4 de mayo de 2009

LIBRO DE ACTAS DO XIV CONGRESO NACIONAL E V IBEROMERICANO. SANTIAGO LUGO 2008

ESTA DISPONIBLE O LIBRO DE ACTAS DO CONGRESO DE HISTORIA VETERINARIA 2008 NO SEGUINTE ENLACE:


http://www5.colvet.es/aehv/pdf/LIBRO%20ACTAS%20CONGRESO%202008.pdf

XV CONGRESO NACIONAL DE HISTORIA VETERINARIA. TOLEDO

XV CONGRESO NACIONAL DE HISTORIA DE LA VETERINARIA
Y VI IBEROAMERICANO DE HISTORIA DE LA VETERINARIA:
“TOLEDO, Lugar de encuentro de las TRES CULTURAS”.


15- 17 de Octubre de 2009.

Toledo

Normas de envío de Comunicaciones al Congreso

1) Las comunicaciones podrán ser presentadas en forma oral o en forma de póster y deberán guardar relación con cualquier aspecto que incida sobre la Historia de la Veterinaria. En el apartado de estudios biográficos son preferibles aquellos dedicados a personajes de reconocido prestigio ya fallecidos.

2) Para presentar una comunicación se deberá enviar un breve RESUMEN, de 2.200 caracteres con espacios o 350 palabras, en formato electrónico, (documento Word o PDF) antes del 30 de Julio de 2009. Contendrá Título. Nombre(s) y apellidos de el/los autor(es) y dirección completa, incluyendo el teléfono, fax, y correo electrónico de al menos uno de los firmantes. Este resumen podrá ser posteriormente perfilado al proceder a la remisión del trabajo completo. En dicho resumen se especificará si la comunicación es oral o en formato póster.

3) Antes del 30 de Agosto de 2009 deberá remitirse el TRABAJO COMPLETO que estará estructurado de la siguiente forma:
Título. Nombre(s) y apellidos de el/los autor(es) y dirección completa, incluyendo el teléfono, fax, y correo electrónico de al menos uno de los firmantes. Resumen en castellano e inglés y cinco palabras clave en castellano e inglés. Deberá figurar bibliografía y fuentes utilizadas, así como los cuadros, gráficas e iconografía en su caso.

4) El resumen y el trabajo en extenso (trabajo completo) se escribirán en formato Word, 1 espacio interlínea, con tipo de letra Times New Roman o similar, 12 puntos. Márgenes (laterales, superior e inferior) de 2 cm. Máximo 5 páginas. Las fotografías que se adjunten deberán enviarse en formatos tipo JPEG, BMP, Gif (A ser posible que cada imagen, no supere 2 megabytes de tamaño).

5) Las comunicaciones presentadas en formato póster estarán estructuradas como las comunicaciones orales y se prepararán con el tamaño para ser aplicadas sobre un panel que tendrá unas dimensiones máximas de 100x120 cm. Las comunicaciones en formato póster se discutirán en una sesión específica, debiendo el/los autor/es estar presentes en dicha sesión.

6) Todos los trabajos serán revisados y evaluados por el Comité Científico, que podrá aceptarlos o rechazarlos. Este comité comunicará al autor/es con tiempo suficiente la aceptación o no de su comunicación, así como el día y la hora de su exposición.

7) El tiempo máximo de exposición de las comunicaciones será de 10 minutos y 5 minutos de debate. Se pide se adecuen al tiempo programado de manera escrupulosa.

8) Tanto el resumen como la comunicación completa deberán ser remitidas por correo electrónico a: toledo@colvet.es También podrá enviarse una copia en papel acompañada de CD identificado con el título de la comunicación y primer autor. La copia en papel y el CD deberán ser remitidos a la dirección de correo ordinario siguiente:
COLEGIO OFICIAL DE VETERINARIOS DE TOLEDO
C/ Quintanar, nº 8
45004 - TOLEDO

9) Los autores de las comunicaciones deberán hacer efectiva la cuota de inscripción a dicho Congreso.


El Comité Organizador

sábado, 13 de diciembre de 2008

OS ANIMAIS DOMESTICOS NA HISTORIA DE GALICIA

3C3 Editores comprácese en convidalo/a á presentación do libro


Os animais domésticos na Historia de Galicia

Edición coordinada por Diego Conde Gómez e José M. Vázquez Varela

No acto intervirán os propios coordinadores da edición e X. Amancio Liñares Giraut, director editorial de 3C3.


LUGAR: Librería COUCEIRO (Praza de Cervantes, 6. SANTIAGO).

DÍA: Mércores, 17 de decembro, ás 8 da tarde.

CONTIDO (Descrición da obra):
‑Diego CONDE GÓMEZ / José M. VÁZQUEZ VARELA (coords.), Os animais domésticos na historia de Galicia. Colección NÓS‑OUTROS / Ensaio.


Galicia tense caracterizado tradicionalmente pola importancia que os animais tiveron e teñen na cultura e na forma de vida dos seus habitantes. Neste volume colectivo, da man de 7 prestixiosos especialistas e profesionais na materia, descubrimos cuestións moi variadas referentes a ese universo faunístico, desde os inicios da súa domesticación ata a importancia que tiveron en diferentes períodos históricos, pasando polo mundo da relixiosidade popular e dos santos curadores, os tipos de enfermidades que poden afectarlles, a importancia da caza en determinados momentos históricos ou a evolución da ciencia veterinaria e o papel dos albeites nunha sociedade historicamente rural, labrega e gandeira.


tresCtres Editores Rúa Xosé Villar Granjel, 35, 1.ª planta

15890 Polígono de Boisaca (Santiago de Compostela).

tresctres.com

Decembro, 2008.

jueves, 11 de diciembre de 2008

O LIBRO DE HISVEGA FINALISTA DOS PREMIOS DA AGE

Os editores galegos entregan os Premios da Edición 2008 o próximo 19 de decembro en Vigo

10/12/2008 O gremio editorial galego celebrará o próximo 19 de decembro ás 20:00 horas a IV Noite da Edición, unha gala coa que a Asociación Galega de Editores (AGE) pretende reunir anualmente a todos aqueles que traballan o día a día da realidade material do libro, a súa produción e a súa edición e na que se entregarán os Premios da Edición 2008, concedidos polos propios editores. O evento, patrocinado polo Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), terá lugar no Verbum- Casa das Palabras de Vigo e está previsto que a el acodan os profesionais do sector e destacadas autoridades do mundo do libro, a cultura e a política en Galicia.

Nesta IV Noite da Edición serán homenaxeados no apartado da Edición Histórica os fundadores da Asociación Galega de Editores, que celebra neste ano 2008 vinte e cinco anos de traxectoria dende a súa fundación en 1983. Asemade entregaranse previamente á cea os premios creados pola AGE para recoñecer a excelencia do traballo dos compañeiros editores e dos integrantes doutros colectivos que se distinguiron ó longo do ano 2008 polo seu labor a favor do mundo do libro ou a promoción da lectura.

Premios e finalistas

Este ano o Premio Francisco Fernández del Riego, co que se pretende recoñecer o traballo realizado por unha persoa ou colectivo de persoas, entidade ou institución das que colaboran co sector editorial ou que participan na promoción do libro editado en lingua galega e da propia lingua, recaeu na empresa GADISA pola tarefa desenvolvida a prol do recoñecemento da cultura galega.

Na actualidade os membros da Asociación Galega de Editores están a efectuar as súas votacións para cada elexir entre os finalistas a cada un dos gañadores das cinco categorías restantes contempladas nos Premios da Edición 2008, dos que non se saberá a identidade ata o propio día da gala. Os finalistas para cada unha das categorías son:

Premio Ánxel Casal ao Libro do ano, co que se pretende recoñecer un libro editado polos membros da AGE e publicado orixinalmente en lingua galega entre o 1 de decembro de 2007 e o 30 de novembro de 2008. Os finalistas son A arquitectura en Galiza: Aproximación á realidade arquitectónica xeral de Galiza dende a Prehistoria ata os nosos días, de Manuel Torres Búa (Edicións Nigra Trea), A conta atrás, de Carlos Portela (Faktoría K de Libros), A vida nova de Madame Bovary, de Xosé Carlos Caneiro (Editorial Galaxia), Caderno de animalista, de Antom Fortes (OQO Editora), Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado (Editorial Galaxia), O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier P. Docampo (Edicións Xerais de Galicia), e Os animais domésticos na Historia de Galicia, de Diego Conde e José M. Vázquez Varela (3C3 Editores).

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil do ano, co que se pretende recoñecer un libro infantil ou xuvenil editado polos membros da AGE e publicado orixinalmente en lingua galega entre o 1 de decembro de 2007 e o 30 de novembro de 2008. Os finalistas son A pastelaría de Dona Remedios, de Agustín Fernández Paz (Rodeira-Edebé), Caracois, de Armando Quintero (OQO Editora), Imaxina animais, de Xosé Ballesteros (Kalandraka Editora), O ladrón de palabras, de Anxo Fariña (Edicións A Nosa Terra) e PAlAbrAs brAncAs, de Elvira Riveiro Tobío (Edicións Xerais de Galicia).

Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2008, co que se pretende recoñecer un libro traducido para o galego e publicado polos membros da AGE entre o 1 de decembro de 2007 e o 30 de novembro de 2008. Os finalistas son A fabulosa lenda do Rei Artur, traducido por Isabel Soto e Xabier Senín (Rodeira-Edebé), As flores do mal, traducido por Gonzalo Navaza (Editorial Galaxia), Cantos e fragmentos, traducido por Raúl Gómez Pato (Edicións Positivas), Deshonra, traducido por Moisés Barcía (Rinoceronte Editora), Eu servín ao Rei de Inglaterra, traducido por Fernando de Castro (Rinoceronte Editora), Lolita, traducido por Xesús Fraga (Faktoría K de Libros), e Mal de escola, traducido por Xabier Senín e Isabel Soto (Edicións Xerais de Galicia).

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do 2008, co que se pretende recoñecer un libro ilustrado editado polos membros da AGE e publicado orixinalmente en lingua galega entre o 1 de decembro de 2007 e o 30 de novembro de 2008. Os finalistas son A fabulosa lenda do Rei Artur, ilustrado por Francesc Rovira (Rodeira-Edebé), Celso Emilio Ferreiro. Selección poética, ilustrado por Baldo Ramos (Faktoría K de Libros), O libro das viaxes imaxinarias, ilustrado por Xosé Cobas (Edicións Xerais de Galicia), Rosalía de Castro. Selección poética, ilustrado por Belén Padrón (Faktoría K de Libros), e Terra Libre, ilustrado por Fran Jaraba (Edicións Xerais de Galicia).

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano, co que se pretende recoñecer o traballo realizado por un autor ou unha autora, ou colectivo de autores/as, en lingua galega durante 2008. Os finalistas son Agustín Fernández Paz, Justo Beramendi e Miguel Anxo Murado.

Os premios non teñen dotación económica, mais farase entrega no acto dunha peza escultórica numerada a cada un dos galardoados.

Fonte: AGE

lunes, 13 de octubre de 2008

UN ACTO PARA LA HISTORIA




VOZ DE GALICIA



Vanguardia veterinaria.
El Pazo do Hórreo volvió a llenarse por unas horas de veterinarios, al igual que ocurría a principios de siglo, cuando la actual sede del Parlamento de Galicia aún era la Escola de Veterinaria de Santiago. Esta vez, se trataba de una ocasión especial. Los profesionales rindieron un sentido homenaje a Juan Rof Codina y Cruz Gallastegui, por su incontestable contribución a la mejora de la rubia galega y de las condiciones sanitarias del ganado. Una labor que se desarrolló entre 1921 y 1926, cuando llegaron a Galicia para trabajar en la denominada Misión Biológica de Galicia. El nieto de Rof y la hija de Gallastegui presidieron un acto en el que la vicepresidenta primera del Parlamento, Tareixa Paz, quiso recordar que el trabajo pionero de ambos veterinarios «foi fundamental para unha especialidade que hoxe conta con 3.400 veterinarios colexiados en toda Galicia».


CORREO GALLEGO


Homenaje a Rof Codina y Cruz
Los veterinarios Juan Rof Codina y Cruz Gallástegui fueron objeto de un homenaje ayer en el Parlamento de Galicia, ya que el Pazo de O Hórreo fue sede de la Escuela de Veterinaria de Santiago entre 1915 y 1924, cuando el lugar fue asignado al Cuartel de Infantería. En el acto, presidido por la vicepresidenta primera del Parlamento, Tereixa Paz Franco, en el centro de la fotografía, estuvieron presentes la hija de Gallástegui, Lourdes, y el nieto de Rof, Juan Sancho Rof .


XORNAL GALICIA


Os veterinarios galegos retornan a súa antiga escola do Pazo do Hórreo para celebrar un congreso sobre a súa historia
Xornal Galicia Jueves, 09 Octubre, 2008 - 04:03
As xornadas iniciaranse mañá no Museo do Pobo Galego e incluirán o sábado unha homenaxe a Rof Codina e Cruz Gallástegui no Parlamento
Os veterinarios galegos retornarán esta fin de semana ao Pazo do Hórreo de Santiago, construído a principios do século XX como Escola de Veterinaria de Compostela, o antecedente histórico da actual Facultade de Lugo.
A asociación Historia Veterinaria Galega (Hisvega), en colaboración co Consello Galego de Colexios Veterinarios, a Universidade de Santiago e a Asociación Española de Historia Veterinaria, abrirá mañá no Museo do Pobo Galego un congreso que se trasladará o sábado ao Pazo do Hórreo para lembrar o primeiro destino deste emblemático inmoble e homenaxear as dúas principais figuras galegas da veterinaria moderna, Rof Codina e Cruz Gallástegui.
Nas xornadas, que se inaugurarán mañá as 9:30, participarán, como relatores, os profesores José Manuel Vázquez Varela, da Universidade de Santiago, co tema Etnoveterinaria galega. Importancia da recuperación antropolóxica da veterinaria tradicional; Enrique Silveira Prado, da Universidade Central Marta Abreu de Cuba, que falará sobre Medicina veterinaria e santería cubana; Lourenzo Fernández Prieto, da USC, coa conferencia A veterinaria como motor da innovación agrogandeira galega. A figura de Juan Rof Codina, e Miguel Márquez, da Universidade Autónoma de México, cun relatorio co título Albeitares y herradores en el Reino de la Nueva Galicia, entre outros expertos
Ademais, ao longo das tres xornadas que durará o congreso se farán publicas máis de corenta comunicacións científicas sobre temas de interese para a profesión veterinaria.
Durante o acto do sábado no Parlamento, que pechará a presidenta da institución, Dolores Villarino, se entregarán senllos agasallos a filla de Cruz Gallástegui e a un neto de Rof Codina.
Os participantes no congreso trasladaranse o domingo á cidade de Lugo. No auditorio Enrique González da Facultade de Veterinaria desenvolveranse as actividades, que incluirán unha mesa redonda sobre a importancia social e histórica da labor veterinaria e a asemblea xeral ordinaria da Asociación Española de Historia Veterinaria.


EL PROGRESO DE LUGO

El Parlamento de Galicia homenajea a Rof Codina y Cruz Gallastegui
Etiquetas: animales, Parlamento de Galicia, Lugo, Rof Codina, historia, homenajes
AGN (Santiago de Compostela).
El Parlamento de Galicia acogió este sábado un homenaje a los veterinarios Juan Rof Codina y Cruz Gallastegui, al que asistieron su nieto e hija, José María Sancho Rof y Lourdes Gallastegui, respectivamente.
En este acto, la vicepresidenta primera de la Cámara autonómica dijo que el proceso de innovación iniciado a principios de siglo por ambos veterinarios permitió que Galicia se sitúe hoy "a la vanguardia" de la investigación y aplicación de nuevas tecnologías a la veterinaria. Esto redunda, a su juicio, en un menor riesgo de patologías animales y en una mayor calidad de los productos gallegos.
Paz destacó que la ganadería gallega cuenta hoy con los "máximos niveles de seguridad alimentaria" que ofrece una "ventaja competitiva fundamental" para los ganaderos gallegos.
La vicepresidenta recordó que ambos profesionales trabajaron juntos en el Pazo do Hórreo entre 1921 y 1926, ya que la actual sede del Parlamento fue inaugurada como local de la Escola de Veterinaria de Santiago. Allí coincidieton en la Misión Biolóxica de Galicia, fundada en 1921.
El homenaje se enmarca en el XIV Congreso Nacional y V Hispanoamericano de Historia da Veterinaria, y dentro de la I Xornada Galega da Historia Veterinaria.
En la jornada de este sábado hoy participaron José María Nieto, catedrático de la facultad de Veterinaria de Lugo (cuyo hospital lleva el nombre de Rof Codina, quien ejerció en Lugo hasta su muerte); el vicerrector de Relaciones Institucionales de la Universidade de Santiago, Lourenzo Fernández Prieto; el presidente del Consello Galego de Colexios Veterinarios, Xosé Uxío Rey Fernández, y el presidente de la Asociación de Historia Veterinaria, José Manuel Etxaniz Mazakaga.

miércoles, 18 de junio de 2008

Benigno Alvarez. O "Che" galego



O historiador Santiago Prol achega novas investigacións sobre a vida e a morte do veterinario Benigno Álvarez, "o líder máis carismático do PCE en Galicia"

Benigno Álvarez

"Eu sempre digo que buscamos mitos fóra pero témolos aquí como Benigno Álvarez que para min é o noso Che Guevara". Desta forma plástica define o historiador e mestre Santiago Prol (Maceda, 1960) o veterinario comunista que acadou relevancia no PCE en Galicia durante a II República e que foi duramente perseguido e tras o alzamento militar do 36.

"Foi o líder máis carismático do PCE na Galiza da xeira republicana. Se nas eleccións a compromisarios de febreiro do 36, obtivo máis de 20.000 votos, nas de abril dese mesmo ano conseguiu 85.000 votos. A súa proxección pública era inmensa xa dende antes: cando era candidato da Fronte Popular con Alexandre Bóveda, reuniu máis de 10.000 persoas nunha manifestación que impugnaba os resultados das eleccións na circunscrición ourensá", explica.

Un carisma que se intúe, asemade, dunha descrición que Manuel A. Benavides fai do veterinario comunista galego, incluída por Santiago Prol no libro que presentou o pasado venres, día 13 en Maceda: "De pequena estatura, estreito de peito, a pel morena, o cabelo negro e rizado, e na mirada unha gran luz. Pola faciana de Benigno Álvarez derramábase dozura". Pero se algo define o seu carácter reivindicativo, segundo explica Santiago Prol, era que "pasou de ser un cadro importante da burguesía local, cunha posición económica asentada, a un activista cultural cunhas ideas que o levaron a un partido de esquerdas".

En 1931, entra no Partido Republicano Radical Socialista e incluso chegou a ser nomeado alcalde de Maceda, posto ao que renunciaría en circunstancias pouco claras días despois. Nese mesmo ano, comeza a súa militancia no Partido Comunista Español en Ourense e na súa intervención no Congreso do PCE en 1932 negouse a falar en castelán: dixo que representaba a Galicia e que, polo tanto, só podía falar en galego. "En moitos actos, Benigno Álvarez levaba a galeguistas a Maceda como Ben-Cho-Sey que eloxiaban que falase en galego xa que, daquela, salvo os galeguistas, as intervencións eran en castelán", apunta o historiador.

Outro factor importante da súa personalidade para achegarse á xente era a súa capacidade para analizar a realidade do mundo rural galego.

De feito, presidiu a Federación Campesiña Provincial de Ourense en 1936 e segundo explica Santiago Prol, "facía un labor sindical capital: dende o PCE sabía o importante de inflirtarse nas organizacións campesiñas e era unha persoa moi querida en Ourense".

Sabendo da forza que tiña Benigno Álvarez dentro do PCE, a represión deixouse caer sobre el e a súa familia, coa morte de cinco dos nove irmáns, mais o seu fillo Ícaro. "É un dos casos máis paradigmáticos do exterminio dunha familia, unha das máis masacradas. O historiador Francisco Carballo, que veu á presentación do libro, di que o Auschwitz dos galegos foi o 36, vai sendo hora que se recoñeza", asegura o historiador.

Mostra no Castelo de Maceda
Dende o venres pasado, día 13 até o 20 deste mes, pódese visitar no Castelo de Maceda a exposición "Benigno Álvarez, a mirada de transparencias cordiais" que o historiador Santiago Prol comisariou en 1997. Ese mesmo ano tamén lle organizou unha homenaxe ao comunista de Maceda, que consistiu na inauguración dunha praza co seu nome e unha placa nun monolito en lembranza aos represaliados. "A mostra recuperámola agora e agardamos que se poida ver durante máis días, para que ninguén quede sen vela", apunta.


"Este é un libro de recordos, cargado de humanidade, que revela novas facetas de Benigno Álvarez: o político, o escritor, o humanista", sinala o ­autor do libro. Ao seu ver, representou "un líder revolucionario e pragmático, que abandeirou a resistencia contra o poder, pero só puido acabar intentando salvar o pelexo". O historiador considera que a obra "non é un axuste de contas: eu non son un cazafalanxistas, sempre encaro biografías en positivo pero parece que se tocas ao PCE entras en terreo prohibido".

O libro fai unha achega inédita até agora: a testemuña da súa filla Lola, que a compañeira de Benigno, Enriqueta Iglesias, pariu cando estaba no cárcere no 37. "Descubrín hai dous anos que Lola estaba viva, e fun á súa casa de Xixón a facerlle unha entrevista. O seu relato está cargado de humanidade pero é demoledor. Ninguén lle falara de Benigno, incluso descoñecía que dúas irmás de seu pai vivían en México e outra en Rusia. Incluso descoñecía a homenaxe que lle fixemos a Benigno en Maceda", conta Santiago Prol.

lunes, 9 de junio de 2008

LIBRO BENIGNO ALVAREZ



O próximo venres dia 13 de xuño ás 20:00 horas no Castelo de Maceda (Ourense) realizarase a presentación do libro "Benigno Álvarez, un comunista da Galiza dos anos 30", no que o seu autor e amigo de HISVEGA, Santiago Prol, describe a biografia do veterinario de Maceda, Benigno Alvarez, represaliado polos fascitas durante a Guerra Civil.

Podedes achegarvos a figura deste veterinario a traves do Boletín que HISVEGA publicou en marzal de 2007 (http://www5.colvet.es/aehv/pdf/Hisvega%20marzo.pdf)

Saúdos ao lonxe

viernes, 2 de mayo de 2008

2 DE MAYO DE 1808


Se cumple el Bicenteario del comienzo de la Guerra de la Independencia Española. En este maremagnun de conmemoraciones (a veces excesivas), son de forma reiterada menciones a dos cronistas de excepción de este acontecimiento como fueron Benito Pérez Galdos y Francisco de Goya. Del primero, su tocayo Madariaga de la Campa, hace un elaborado trabajo titulado "MÉDICOS, FARMACÉUTICOS Y VETERINARIOS EN LA OBRA LITERARIA DE BENITO PÉREZ GALDÓS" cuyo texto ha sido editado por Cantabria Académica, con sede en la Facultad de Medicina de Cantabria, C/ Cardenal Herrera Oria, s/n de 39009 Santander, tnos. 942-20.19.38 y 942-20.19.17, email:secretariaacimecan.com o amecan@terra.com

Sobre Francisco de Goya, desde HISVEGA nos gustaria proponer una visión un poco mas amable de otra parte de su obra que la que a traves de sus pinceles, nos hace del levantamiento madrileño de mayo de 1808. Nos gustaria recomendar el artículo "Los caprichos de Goya: las estampas de asnerías" del academico de la RACVE D. Julio Ponce que se centra en un conjunto temático muy peculiar, cuyos protagonistas son objeto de estudio de las Ciencias Veterinarias.
Lo podeis encontrar en este enlace:



Recordar ademas, que el Congreso de este año tiene una sesión especial que recogera todos los trabajos relacionados con la Guerra de la Independecia Española, asi como la relación de la veterinaria con los movimientos independentistas en Iberoamerica de comienzos del XIX.

Saúdos ao lonxe.

miércoles, 30 de abril de 2008

SEDES DEL CONGRESO 2008. MUSEO DO POBO GALEGO

PODEIS VISITARLO VIRTUALMENTE EN:
http://www.museodopobo.es/index.php

La fundación del antiguo convento de Bonaval se atribuye a San Domingos de Guzmán, que en el año 1219 peregrinó a Santiago. Está situado fuera de muros, en la falda del monte de la Almáciga y cerca de la Puerta del Camino, por la que entran hacia la basílica del Apóstol los peregrinos que vienen por el Camino francés.

El cuerpo conventual, tal y como ha llegado hasta nosotros, corresponde al episcopado de fray Antonio de Monroi, arzobispo de Santiago entre 1685 y 1715, y se debe a Domingo de Andrade. La fachada es de pequeñas proporciones. La atención se concentra en la portada, compuesta por dos grandes pilastras toscanas decoradas con las sartas de frutas características del autor, que soportan un frontón curvo partido y enmarcan la gran puerta alintelada, presidida por la imagen del santo fundador. Por encima campa el escudo de la casa de Altamira con corona real.

Dentro del edificio, en el ángulo noroeste, es digna de admiración la triple escalera helicoidal, que por su técnica y audacia estructural da buena muestra del virtuosismo de Andrade. En el mismo hueco se desenvuelven tres ramplas independientes, que conducen a los diferentes pisos sólo una de las coronas en el mirador que domina la ciudad. Esta escalera está considerada por propios y estraños como un de los elementos singulares del patrimonio arquitectónico de Compostela.

Cuando se promulga la ley de exclaustración de las órdenes religiosas el convento pasa a manos del Ayuntamiento. Por el Real Decreto de 1836 de la Reina Gobernadora, que dispone que "los edificios que han sido monasterios y conventos en esta Corte se destinen desde luego al beneficio de los pueblos", San Domingos es destinado "para cuarteles de los Regimientos de Compostela y Santiago, con demolición de la iglesia"; ende ben, este dictame no se llegó a ejecutar. En 1841 el Ayuntamiento destina el convento de Bonaval a hospicio, que por 1945 ocupaba aún la parte norte; el ala sur, a la derecha de la iglesia, acogía un colegio de sordomudos y ciegos. Al ser suprimidas estas instituciones quedó por un tiempo desocupado, hasta que en 1963 el Ayuntamiento decide acondicionar y destinar una parte de las dependencias para Museo Municipal.

En 1977, a petición del Patronato del Museo do Pobo Galego, el Ayuntamiento cede el edificio para la creación del museo de mismo nombre. En el solar de la parte occidental, que ha permanecido vacante durante décadas, se inauguró en 1993 el Centro Galego de Arte Contemporánea, proyectado por el arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira. La huerta conventual se transformó al año siguiente en un ameno parque, en el que aún se alzan las ruínas de algunas dependencias de los frailes.

martes, 22 de abril de 2008

EDITORIAL EXTRAMUROS

A todos los bibliofilos, nos gusta que de alguna manera pequeñas joyas perdidas o poco acesibles por diferentes motivos, vayan saliendo a la luz y alcancen la difusión que se merecen. En este camino esta trabajando desde hace ya algún tiempo la editorial sevillana extramuros (http://www.extramuros.es/index.php), en cuyo catálogo nos podemos encontrar con verdaderos tesoros de la Albeyteria y la Veterinaria.
El objetivo de Extramuros Edición es recuperar y difundir, en edición facsímil, obras atesoradas en bibliotecas, instituciones y colecciones privadas, títulos de difícil acceso o descatalogados, de autores y temas diversos, que constituyen la memoria histórica, artística, científica y social de diferentes culturas.
Desde HISVEGA agradecer enormente el trabajo que estan realizando e invitar a todos nuestros amigos y socios a que visiten su pagina WEB.
Saúdos ao lonxe.

NORABOA COMPAÑEIROS



El pasado día 16 de abril en Junta Plenaria Extraordinaria de la Real Academia de Ciencias Veterinarias, celebrada en Madrid, fue proclamado como Académico de Número de la sección de Historia de la Veterinaria nuestro compañero y amigo de HISVEGA el Dr. D. Luis Moreno Fernández-Caparrós, fundador de la AEHV, promotor del Museo de Veterinaria Militar y conocido e infatigable historiador de la Veterinaria. Podemos ver algunos de sus trabajos en http://www5.colvet.es/aehv/biblioteca.html


En la misma sesión otro compañero y amigo de HISVEGA el Prof. Dr. D. Francisco Rojo Vázquez obtuvo los mismos laureles, si bien en la sección de Veterinaria de Salud Pública. No olvidemos que se trata del Presidente de la Asociación Leonesa de Historia de la Veterinaria y Vicepresidente de la AEHV y que desde el año pasado, dirige el Centro de Investigación en Sanidad Animal (Cisa), dependiente del Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria (Inia).


Desde HISVEGA queremos dejar constancia de nuestra sincera felicitación a nuestros amigos el Dr. Caparros y el Dr. Rojo, por estos merecidos reconocimientos, y la satisfación de ver como compañeros preocupados y volcados por la recuperación de nuestra historia, van ocupando puestos que les permitan, más si cabe, trabajar por el fomento y desarrollo de la Ciencia Veterinaria.

sábado, 22 de marzo de 2008

ESCUELA DE VETERINARIA DE SANTIAGO



La revista Información Veterinaria, ha publicado en su número de marzo de 2008, un artículo de nuestro socio Diego Conde, acerca la Escuela de Veterinaria que hubo en Santiago de Compostela.

El articulo esta disponible en el apartado A Nosa Historia de este Blog.

El antiguo edificio de la Escuela, ahora convertido en Parlamento Galego, sera uno de los puntos referentes del próximo congreso. De nuevo los veterinarios tendrán voz en el Pazo del Hórreo.

Saúdos ao lonxe

DE CATALUNYA A MADRID PASANDO POR GALICIA



NO, no se se trata de un nuevo recorrido del AVE propuesto por Fomento. Es mas bien un pequeño coctel de acontecimientos que en el ultimo mes fueron asomando en nuestro pequeño mundo de la historia de la veterinaria.

En primer lugar, felicitar desde nuestro blog, al amigo de HISVEGA, el Dr Jose Manuel Gutierrez, el cual recibió el pasado 6 de marzo el bien merecido premio Uriach por su trabajo "El impacto del laboratorio en la renovación de la Veterinaria española: el caso Joaquim Ravetllat (1871-1923)“. Gordon Ordas decía algo así como que la veterinaria esta mas necesitada de manos que a través de sus plumas ensalcen a la profesión que manos callosas que la depriman. Desde HISVEGA darle nuestra mas sincera enhorabuena y que cunda el ejemplo.
Navegando por la red, nos encontramos que la Associació Catalana d’Historia de la Veterinària ha puesto en marcha un activo BLOG, el cual recomendamos ( http://achv.wordpress.com/). Esta cargado de noticias, artículos y vídeos de gran interés, convirtiéndose en otro punto de referencia de la historia de nuestra profesión en la red.
Vimos con alegría la referencia que hace a nuestro humilde espacio de HISVEGA (http://achv.wordpress.com/2008/02/21/blog-de-lassociacio-gallega-hisvega/). Gracias.
Esto me recordó que sin saberlo contamos en nuestra secta de locos por la historia de la veterinaria con un verdadero Nostradamus. Nuestro amigo de la Asociación Madrileña, Dr. Moreno Fernández-Caparrós, intuyo acertadamente hace cuatro años que "los blogger o los bitacoreros apasionados de la historia de la veterinaria, y también los del patrimonio histórico y científico veterinario estaríamos dentro de poco blogeando en la web". Pues ahí estamos, aportando nuestro granito de arena y con la esperanza que alguien mas se anime. Podéis ver el articulo completo del Dr. Moreno en http://www5.colvet.es/aehv/pdf/BLOG-HIST.VET.pdf.
Y por ultimo Galicia. Ya queda poco para el congreso. A la espera de cerrar un par de puntillitas, las fechas del mismo serán 10,11 y 12 de octubre. En las próximas semanas pondremos a vuestra disposición el programa mas o menos definitivo y el boletín de inscripción. Referente a esto estamos negociando con varios hoteles de Santiago de Compostela (sede principal), la posibilidad de que nos oferten un conjunto de habitaciones a un mejor precio para nuestros congresistas. Por ello a todos los que le interese esta iniciativa no dudéis en poneros en contacto con HISVEGA (historiaveterinariagalega@yahoo.es) para poder ir programando las reservas.
Saúdos ao lonxe.

sábado, 23 de febrero de 2008

UNHA FELIZ INICIATIVA

O compromiso que a Decana da Facultade de Veterinaria Lugo e o seu equipo ten coa recuperación da historia da nosa profesión, vai mais ala do apoio incondicional as actividades e iniciativas que HISVEGA esta a levar a cabo. Exemplo delo é o documento que se vai presentar para a Avalición Europea da Facultade de Veterinaria de Lugo, o cal aporta graficamente a importancia que para Galicia tivo e ten a nosa profesión e noso gando ao longo da historia . Unha mirada o pasado, que sen dubida aporta solidez ao traballo que dende a Facultade de Lugo se esta a facer.

Dende HISVEGA desexamos que a Facultade de Lugo, a nosa facultade, teña e manteña o que se merece, o recoñecemento por parte dos avaliadores europeos.
Podedes ver o documento en:
Apertas